O centro dea vila permanecerá pechado ao tráfico a partir das 16:30 horas. Así, segundo informan dende a Policía local non se poderá circular polas rúas Praza Ribadavia, Alfonso XII, Rúa Ribeira e Rúa Xeneral Rubín. Unha medida que se adopta para facilitar as actividades do entroido que esta tarde, se o tempo non o impide, volverán encher as rúas do casco urbano de milleiros de persoas que acudirán a gozar do carnaval e da Queima do Meco prevista para as sete da tarde.
Previamente, xa dende as cinco haberá espectáculos itinerantes orientados principalmente ao público infantil cos pasarrúas de troula Animación.
Unha festa rachada que seguirá o sábado cun programa que se traslada a Chapela para vivir o enterro do Berete. A concentración das sete comparsas participantes será ás cinco da tarde no alto da Encarnación, dende alí acompañados pola animación musical da Asociación de percusionistas e tamborileiros Aperta irán cara a praia de Arealonga onde terá lugar a queima do berete ao redor das 20:30 horas.