A policía local informa de cambios na circulación que afectarán a esta parroquia a partir das cinco da tarde mañá sábado. Así as restricións comezarán no Alto da Encarnación a partir desa hora, cando está previsto que na zona se concentren as sete comparsas participantes no desfile. O tráfico quedará restrinxido a partir das seis na Avenida de Vigo ata que a comitiva chegue a praia de Arealonga, lugar no que se procederá a queimar o Berete.
Tamén a partir das catro da tarde prohíbese o estacionamento de vehículos no paseo José Durán Troncoso, na praia de Chapela.