Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Explosión de solidariedade: suspéndese a recollida de axuda con Ucraína ao superárense as expectativas

recollidamulti

En cuestión de dous días o punto de recollida establecido no Multiúsos da Xunqueira para almacenar material de emerxencias para atender as necesidades dos refuxiados que foxen da guerra en Ucraína superou a súa capacidade. Mantas, alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene e material sanitario serán embalados nas próximas horas polo persoal da ONG DaMán e entregado a empresa de contedores Rey deVilagarcía que se encargará do seu traslado ás ONG que traballan sobre o terreo.

A solidariedade e colaboración veciñal superou todas as expectativas, e os redondeláns non dubidaron en responder a chamada feita pola ONG DaMán e o Concello de Redondela que decidían o pasado venres poñer en marcha unha campaña de recollida de material de emerxencia. A resposta foi tal que a día de hoxe decidían deter esa recollida, xa que os contedores da empresa encargada do traslado Fundiciones Rey non teñen capacidade para almacenar todo o material que está a ser recollido.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Xa que Redondela conta cunha ONG disposta a moverse e hai máis conflitos polo mundo adiante, é un erro cortar a recollida.

    Iemen, Sahara Occidental, Somalia,… Necesitan tamén a axuda de todos.

    Non atopo esa empresa de contenedores, o que saen nas novas é unha empresa chamada “Rey Procesos de Fundición”. Non estaría mal enlazar a súa páxina web ou redes sociais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará