Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela asina a primeira vitoria e faino ante un grande

BMChapelaIngenio

Primeira Nacional

Rodosa Chapela 31-BM Ingenio 26

Houbo que agardar ata a xornada 21, pero por fin a afeción de Chapela puido gozar dun triunfo dos seus. E fixérono ao grande, na casa, diante dun dos equipos máis fortes da categoría e malia sufrir unha lesión o porteiro local. Era ademais o segundo partido do equipo en tan só 24 horas, xa que antes disputaran o encontro ante o Luceros que se saldou con derrota para os redondeláns. No partido co Ingenio o Chapela ofreceu a súa mellor versión, e mesmo superou a lesión do porteiro local Kevin, que sufriu unha contractura na primeira metade e xogou o resto con moitas limitacións de mobilidade. Con inxección de moral que supón esta primeira vitoria, na próxima fin de semana visitan a pista do Calvo Xiria.

SAR Plastic Omnium 23-30 OAR Coruña

A SAR aguantou os primeiros 10 minutos do partido, pero a partir dese momento os visitantes colocaron unha distancia de 5 goles no marcador (5-10). Os de Muíños non baixaron os brazos e conseguen reducir a diferenza a tan só dous goles (8-10, min 17), pero de novo o OAR ampliou a distancia para chegar ao descanso cun marcador de 11-16. De novo recortou a SAR (14-17), pero o impulso dos coruñeses volveu a aumentar a distancia (18-27, min 53), e chegaron ao final con 23-30. Na próxima xornada, visitarán o Polvorín para medirse ao Balonmán Cañiza.

División de Honra Prata Feminina

Salud Tenerife 26-38 SAR Rodavigo

As de Verónica Posada venceron con absoluta claridade en Tenerife nun partido aprazado correspondente á xornada 15. As locais, con só sete xogadoras dispoñibles, non foron quen de seguir o ritmo da SAR. O Rodavigo foise no marcador xa desde o comezo, e ao descanso gañaban por 9-18. A adestradora redondelá aproveitou para dar minutos a todas as súas xogadoras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará