Terceira División
Choco 1-1 Alondras
Adiantábase o CD Choco cun gol dende o punto de penalti de Caloi na primeira metade. Pablo García empatou para o Alondras no minuto 60.
Comezaba o encontró cun CD Choco moi metido no encontro, arroupados por unha bancada chea de afeccionados choqueiros. Os dous equipos estaban moi necesitados de puntos na parte baixa da táboa. A medida que pasaba o tempo o CD Choco dominaba o partido, pero non puideron materializar ningunha ocasión. Até o minuto 32 cando Caloi abriu o marcador dendo o punto de penalti. Despois do descanso o encontro cambiou e foi o equipo visitante o que tivo o control do partido chegando con perigo á portería de Cortegoso. O Alondras insitía e no minuto 60 chegaría o gol do empate firmado por Pablo García. Tralo empate, o partido non cambiou, o Alondras CF continuou dominando pero xa sen que cambiase o resultado. Un punto máis que supón un pasiño máis de cara o obxectivo da permanencia. E sen moito tempo de descanso o mércores, día 9, recuperan o partido aprazado en terras lucenses ante o Viveiro.
Primeira Galicia
Arcade 3-2 Moraña. Logo da vitoria ante o Moraña o Arcade prepara o próximo encontro ante o pechacancelas, O Grove, que se disputará no Monte da Vila.
Segunda Galicia
Cañiza 2-0 Atl Vilar. O Vilar segue de colista do grupo logo da derrota na Cañiza. O próximo partido será na casa ante o Xinzo.
Sampaio 2-0 Cesantes. A derrota deixa ao Cesantes penúltimo na táboa. Na próxina xoranda recibe ao Marín, último clasificado.
Cerponzóns 3-2 Soutomaior. Na próxima xornada o Soutomaior recibe ao Domaio nun interesante derbi.
Fútbol Sala Terceira
Campito Chapela 5-1 Coruña. Importante vitoria do Campito, que se sitúa nunha posición máis cómoda na táboa. Na próxima xornada visitan a difícil pista do Noia.
Preferente Sur
Baíña 6-4 Redondela.
Arealonga-Verín. Aprazado
Cesures 1-6 Pazos. Segue con paso firme o equipo de Fran Amoedo, invatido ata o de agora.
Na próxima xornada dispútanse os encontros Cios Vigo Mondariz-Redondela; Pazos-As Neves e Arealonga-Baíña.