Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O emprendemento como ferramenta para a igualdade

PatriHeidi

Mañá venres arrancan as II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero» que organiza o Concello de Redondela con dous días de actividades. O primeiro dos obradaoiros centrarase na autoxestión e o liderado feminino baixo o título “10 claves para emprender”. Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest son as encargadas de impartilo. Será cunha mesa redonda, de xeito participativo e dinámico para reflexionar “sobre os valores e habilidades necesarias para alcanzar os obxectivos”. Contarán coa historia persoal de dúas mulleres emprendedoras cuns perfís moi diferentes, que explicarán as barreiras que tiveron que superar e que habilidades lles axudaron a avanzar na consolidación do seu proxecto.

Patricia Rodríguez fálanos do obradoiro “10 claves para emprender. Liderado feminino e autoxestión”

Cada vez son máis as mulleres que se animan a emprender, e non hai un único perfil, xa que malia que a maioría teñen entre 30 e 40 anos, tamén hai en diferentes sectores emprendedoras de 60 anos ou máis. “Non hai límite para poñer en marcha un proxecto”, sinala Vander Biest.

Heidi Vander Biest sinala que cada vez son máis as mulleres que se animan a empreder

A cita é na Casa da Cultura, Praza de Figueroa, ás 19.00 horas. A participación é de balde, pero precisa inscrición previa no correo felizmente.coach@gmail.com. Tamén a través do código QR

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é image.png

“Os medios de comunicación como axentes de cambio fronte á violencia machista”

Ao día seguinte, sábado 12 de marzo”, o Multiúsos da Xunqueira acollerá, entre as 10 e as 14.30 horas outro obradoiro baixo o título “Os medios de comunicación como axentes de cambio fronte á violencia machista”. Estará impartido por Joshua Alonso Mateo, Promotor de Igualdade de Oportunidades e orfo da violencia machista e Patricia Costa, xornalista, presentadora do programa Tolerancia Cero en Radio 5 e gañadora da primeira edición do ‘Premio Sesé Mateo de Ética Xornalistica’. A inscrición pode realizarse no enderezo de correo electrónico proyectoinformadxs@gmail.com.

A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, sinala que estas II Xornadas de Muller e Igualdade «Gemma Pereira Otero» buscan centar o debate “en todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará