Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco regresa sen premio de Viveiro

ChocoCantarrana

Viviero 3-2 Choco

Derrota do CD Choco na súa visita a terras lucenses nun duelo marcado polas accións a balón parado. Longo desprazamento a Viveiro do conxunto redondelán nun dos partidos aprazados desta temporada, o da xornada 18. Ata cinco goles foron os que subiron ao luminoso no Cantarrana. O Viveiro FC adiantaríase no marcador con dous goles dende o saque de esquina. Unha desventaxa coa que terían que seguir competindo os de Juan Amoedo dende a primeira media hora do encontro. Tralo tempo de lecer os choqueiros recortaron as distancias tras unha falta lateral que aproveitou Ronald para marcar, mais acto seguido un penalti a favor dos locais permitiulles alexarse de novo. Monroy marcaría o derradeiro do partido de falta directa pero de pouco serviu xa que os tres puntos quedaron en Viveiro. O domingo o CD Choco viaxa á casa do Somozas, visita trascedental para os intereses choqueiros.

Viveiro: Cedrón, Dani, Madeiro, Castro, Berrocal, Pablo Rei, Burundarena (Iván, 94´), Julián Neto (Redondo, 86´), Marcos (Vicente, 86´), Arturo (Felix Chenkan, 70´), Alex Meitín (Rolle, 70´).

Choco: Cortegoso, Ronald, Suárez, Comis, Caloi, Félix Rial (Capelo, 23´), Toni Armada (Maceira, 55´), Álex Figueroa, Berni, Monroy, Carminati (Álex Pérez, 81´).

Goles: 1-0 (12´): Dani. 2-0 (30´): Nico Madeiro. 2-1 (67´): Ronald. 3-1 (70´): Arturo de penalti. 3-2 (81´): Monroy.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará