Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

30 voluntarios participarán este fin de semana en Redondela no Zampakilos Solidario de Eroski

Zampakilos

A recollida de alimentos desenvolverase este venres e sábado, 11 e 12 de marzo, nunha trintena de supermercados de Vigo, Pontevedra, Redondela, Porriño, Mos, Baiona, Marín, Lalín, Cambados e A Guarda. Trátase da primeira Operación Quilo que levará a cabo o Banco de Alimentos de Vigo tras dous anos de pandemia. As doazóns poderán realizarse de maneira mixta: entregando comida non perecedoira aos voluntarios ou facendo achegas económicas ao pasar por caixa.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo mobilizará unhas 30 persoas para poder levar a cabo o Zampakilos Solidario en Redondela, campaña impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski.

O Zampakilos Solidario desenvolverase mañá, venres, e o sábado, 11 e 12 de marzo e será a primeira Operación Quilo que levará a cabo o Banco de Alimentos de Vigo, despois de dous anos nos que, por motivo da pandemia, rebaixáronse substancialmente este tipo de accións. Até antes do estalido da crise sanitaria, a nosa entidade adoitaba realizar de maneira asidua campañas presenciais nos supermercados sendo unha fórmula moi eficaz en canto a provisión de produtos básicos refírese e, por tanto, de abastecemento inmediato dos almacéns de Vigo e Pontevedra.

A previsión por parte da nosa Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo é ir recuperando ditas tradicionais Operacións Quilo e, así, volver ter unha relación continua coa sociedade.

En canto á fórmula elixida de doazóns este venres e sábado nos supermercados adheridos á campaña, será mixta. É dicir, as persoas poderán entregar comida non perecedoira aos voluntarios presentes -perfectamente identificados con petos do Banco de Alimentos- ou, tamén, facendo achegas económicas ao pasar por caixa. Como xa ocorreu durante a Gran Recollida, co diñeiro recadado, Vegalsa-Eroski habilitará un saldo a favor do Banco de Alimentos para a compra posterior dos produtos máis necesarios.

O Banco de Alimentos de Vigo repartiu máis de 2 millóns de quilos de alimentos durante 2021. Con carácter apolítico e aconfesional, na actualidade axudamos a unhas 22.000 persoas desfavorecidas da provincia de Pontevedra, ás que chegamos a través de máis de 150 ONG e entidades homologadas coas que traballamos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará