Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco suma tres puntos de ouro en Carballo

ChocoSofan

Terceira

Sofán 1-3 Choco

O encontro celebrado onte no campo do Carral era trascendental para o conxunto redondelán. Partido adiado da xornada 23 ante o pechacancelas, no que gañar era fundamental para seguir na loita pola permanencia. O CD Choco depende de si mesmo para saír dos postos de descenso, e esa foi a clave do partido. Os de Juan Amoedo sairon a facerse co partido desde o comezo do partido, e xa no minuto 9 puxéronse por diante cun gol de penalti que transformou Caloi. A vantaxe tan tempraneira deu folgos ao Choco, que tivo ocasión de facer o segundo cun remate de Félix que marchou fóra por pouco. Reaccionaron os locais a partir de aí, e anotaron o gol do empate no 25. O Sofán seguiu atacando, pero xa sen crear ocasións de perigo, e co empate no marcador chegouse ao descanso. No comezo da segunda parte o Choco tomou as rendas. Os de Redondela chegaban cada vez con presión á portaría local e puxéronse por diante de novo no minuto 61 cun gol de Félix. O desconcerto dos locais tras o gol permitiu ao Choco asinar o terceiro tanto tan só tres minutos despois, obra de Capelo. Xa co 1-3 no marcador os de Amoedo administraron os tempos e mantiveron a vantaxe, mentres o Sofán tentaba recortar distancias pero sen crear ocasións de perigo ata o asubío final. A vitoria permítelle ao Choco sumar tres puntos que poden ser vitais para a salvación, e que deixan máis afundido no pozo ao Sofán.

O domingo xogarán contra o CSD Arzúa en Santa Mariña, ás 17.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará