Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto gratuíto de funís para fomentar a reciclaxe do aceite doméstico

funíl

A Concellería de Medio Ambiente súmase ás conmemoración polo Día Mundial da Auga (22 de marzo) como recordatorio da importancia que ten e auga no ciclo da vida e a necesidade de mantela fora de calquera fonte de contaminación. No pasado ano os redondeláns reciclaron 12 toneladas de aceite doméstico, evitando así que este produtos acabara contaminando as augas.

Con ese obxectivo de avanzar nesa reciclaxe, dende hoxe luns e ata que se esgoten as existencias, o Concello de Redondela distribuirá gratuitamente funís que faciliten o enchido de botellas con aceite doméstico usado para, posteriormente, depositalas nos contedores de reciclaxe de aceite existentes no municipio.

Os funís poderán ser recollidos, totalmente de balde, na Casa do Concello, no Multiúsos da Xunqueira de Redondela e no Multiúsos Piñeiral do Crego de Chapela.

A alcaldesa Digna Rivas lembrou a importancia da reciclaxe de aceite doméstico dado que, tal e como demostran os diferentes estudos científicos, “tan só 1 litro de aceite contamina 40 000 litros de auga, que é o equivalente ao consumo dunha persoa no seu domicilio durante todo un ano”. Neste sentido apuntaba a edil de Medio Ambiente, Alberto Álvarez que o ano pasado recolléronse “12 toneladas de aceite doméstico” unha cifra que da conta da concienciación da veciñanza e que se quere incrementar co reparto destes utensilios que vai favorecer a reciclaxe dun xeito máis limpo e doado así como coa instalación de novos puntos de recollida nas parroquias.

E mentres continúan as investigación de cara a tentar localizar ao autor ou autores do vertido de uralitas e restos de obras que se localizaban hai unha semana no monte de Trasmañó. Uns vertidos contaminantes que están a ser investigados pola policía porque no lugar nos que foron depositados apareceron pistas que permite tirar do fío. Todos apunta, explicaba Alvarez, que detrás deste vertido atoparíase unha pequena empresa que quería así aforrarse os cartos do tratamento que require este tipo de material, que conten amianto e que ten qu ser manipulado pro empresas especializadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará