Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tecnoloxías virtuais para coñecer a batalla de Rande e o Meirande

meirande

A Concellería de Turismo aposta pola realidade aumentada para poñer en valor o museo Meirande. Un proxecto que permitirá a recreación da Batalla de Rande tal e como aconteceu e contribuirá a dar a coñecer este episodio histórico con repercusión internacional e que deixou fonda pegada na comarca e no municipio.

A Concellería de Turismo dotará a esta instalación museística dunha ferramenta dixital que permita, por unha banda, establecer unha contorna virtual para a descrición da Batalla de Rande e, por outra, virtualizar o propio Meirande.

De cara a darlle forma á recreación virtual, na pasada semana desenvolvéronse os traballos de gravación nas distintas salas do Meirande que, posteriormente e acompañados dun guía virtual, poderán percorrerse con detalle e con entornos de 360 graos.

Para acadar un maior impacto utilizaranse varias ferramentas de divulgación como a antedita visita guiada, o acceso a persoas con discapacidade a través da incorporación de audios descritivos das salas e elementos musealizados; teatralización e animación en espazos específicos a través de actores caracterizados de personaxes da época que describirán a vida a bordo das naves e narración técnica especializada coa inclusión de vídeos de expertos realizados por historiadores ou profesionais destacados.

No que á Batalla de Rande fai referencia, o proxecto de realidade aumentada permitirá que as persoas visitantes poidan acceder a unha recreación do combate naval tal e como aconteceu e inclúense códigos QR en distintos puntos da enseada para poder recrear a batalla dende esa perspectiva o que permite ás e aos visitantes coñecer a disposición dos barcos, os movementos de defensa ou os puntos de desembarco en terra.

Digna Rivas lembra que o turismo cultural “atrae cada día a maior número de persoas e Redondela posúe un enorme potencial nese eido que é preciso poñer en valor. Nese contexto o Meirande, “un dos grandes descoñecidos, estase a confirmar como un elemento de atracción turística de primeiro nivel, como así o indica o crecemento continuado de visitantes”.

Dende hai uns meses o Meirante forma parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) unha adhesión que “non só pon ao Meirande no mapa dos museos costeiros de Galicia, norte de Portugal e Asturias, senón que é un extraordinario elemento de dinamización do patrimonio ligado ao mar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará