Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omnium, máis preto da permanencia

SARSeisNAdal

División de Honra Prata Feminina

SAR Rodavigo 27-34 Puerto del Carmen

O Balonmán Lanzarote Porto da Carmen, quinto clasificado, visitou este fin de semana a Bomboneira. Á SAR custoulle entrar en partido, e non foi até o minuto 6 cando chegou o primeiro gol local. As visitantes abrían unha fenda cada vez maior no marcador e chegaron ao descanso cun 12-17. Na continuación, as canarias volvían despegarse ata unha diferenza de 8 goles (14-22 min 34). As de Redondela reorganizaron a defense e achegáronse a catro goles, pero as de Puerto del Carmen non permitiron a remontada, e os dous puntos foron para as illas. Na próxima xornada o equipo de Verónica Posada viaxa a Asturias.

Balonmán Primeira Nacional

SAR Plastic Omnium 34-26 Seis do Nadal

Triunfo ante un rival directo nun partido de gran traballo na portaría. A SAR foi sempre por diante no marcador, e abriron unha marxe que os visitantes non souberon recortar. Ao descanso, 19-12. Na segunda parte, a dinámica seguía sendo a mesma. Con grandes achegas en ataque e intervencións en portaría, o equipo de Moncho Pazos logrou ampliar a renda a 10 goles (28-18 min 48). Nos últimos minutos o Seis do Nadal aproximouse (30-23), pero a SAR seguiu defendendo o partido ata acadar o 34-26 final. Dous puntos que serven para achegarse máis ao obxectivo da permanencia. Na seguinte xornada teñen un difícil enfrontamento en terras canarias ante o BM Ingenio.

Rodosa Chapela 30-32 OAR Coruña

Dolorosa derrota nun gran partido do Rodosa BM Chapela, que pelexou até o final ante un forte OAR Coruña. Os de Manuel Fernández Lago dominaron o partido e estiveron por diante no marcador durante máis de cincuenta minutos. No tramo final do encontro os de Chapela quedaron sen folgos, e o OAR tirou de calidade para levar os dous puntos. Esta fin de semana viaxan tamén a terras canarias para medirse ao BM Tejina La Laguna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará