Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abre a inscrición para participar nas ‘II Xornadas Gastronómicas do Choco”

choco

Os hostaleiros que queiran participar nestas Xornadas, que se desenvolverán dende o 29 de abril ao 8 de maio, teñen de prazo ata o vindeiro día 8 de abril para se inscribir. A iniciativa, que na súa primeira edición tivo unha excepcional acollida, busca poñer en valor o produto estrela da enseada de San Simón e contribuír á dinamización dos establecementos hostaleiros do municipio.

Do mesmo xeito que nas xornadas do ano pasado, o Concello mercará directamente á Confraría de Pescadores o choco que, posteriormente será distribuído entre os establecementos participantes “para, dese xeito, promocionar o noso produto estrela e garantir a súa calidade, asegurándonos que, en realidade, sexa choco de Redondela”, asegurou a alcaldesa de Redondela Digna Rivas.

Segundo as bases, que se poden consultar na páxina web do concello, os participantes deberán incluír na súa carta “como mínimo, un menú, prato ou proposta gastronómica na que o produto principal sexa o choco”. Dito menú –que deberá ser descrito na solicitude de inscrición– queda á libre elección de cada establecemento que poderá participar co número de propostas que desexe e en formato salgado ou doce.

Durante a celebración das xornadas, os establecementos participantes comprométense a ofrecer o menú durante os días establecidos e, durante o evento, “non se poderá modificar nin o menú nin o prezo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará