Un recoñecemento que as Bibliotecas Municipais realizan co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, o pasado sábado 2 de abril, a aqueles lectores menores de 14 anos que maior uso realizaron do servizo de préstamo no ano anterior, atendendo aos datos que rexistran as súas estatísticas.
Neste caso son dúas mozas Carmela Santos de 9 anos e Celia Santamariña de 11 anos as galardoadas, quen recibirán como premio un vale para a adquisición de libros nunha libraría do municipio e terán ademais o privilexio de levar un maior número de documentos en préstamo durante o ano 2022.
Desde 1967, o 2 de abril, día no que naceu Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.