O xogador redondelán pertencente ao equipo Alevín da Liga Galega do Club Redondela Fútbol Sala, vén de proclamarse subcampión de Seleccións Autonómicas no campionato disputado entre o 4 e o 8 de abril na localidade almeriense de El Ejido.
Martín Conde Migueles, habitual dos adestramentos e concentracións da Selección Galega, gañouse un posto entre os 12 privilexiados que defenderon Galicia no campeonato nacional. O equipo galego, dirixido por Gael Madarnas, impúxose na fase de grupos a Murcia por 6-2 e a Aragón por 2-6. Nas semifinais lograría tamén a vitoria ante a selección de Castela-A Mancha por 5-1 chegando a disputada final celebrada hoxe ante Cataluña, que rematou coa vitoria dos cataláns por 5-2.
Dende o Club de Redondela amosan a súa satisfacción polo traballo e o esforzo realizado por Martín “sempre exemplar dentro e fóra da pista”.