A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda ten en marcha un intenso programa de actividades durante este mes de abril orientado a todos os público e centrado nos monólogos e a maxia. Un programa que arrancaba o pasado sábado co espectáculo Cachodesqueches e que ten este 16 de abril unha completa xornada para grandes e cativos. Así, o día arrancará cun obradoiros de maxia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos de idade a partir das 11:00 horas. Impartido polo Mago Marco, ademais de maxia ofrecerá teatro, debuxo, manualidades e creatividade. O prezo da actividade é de 5 euros para os socios e 10 para o resto. As persoas interesadas deben inscribirse no teléfono 621 390262.
Unha escola de maxia na que os participantes realizarán os seus propios dispositivos máxicos e da que nos falaba o presidente da Cultural, Javier Sotelo.
As actividades continuarán o sábado 23 cun monólogo de humor a cargo de Loren Piñeiro co espectáculo 2 pasos 25 pesetas.
O programa rematará o sábado 30 coa maxia de Samuel Moreno ás 21:00 horas.