Medio Ambiente busca a autoría do vertido que tinguía de branco as augas do río Pexegueiro, nas inmediacións do parque canino da Avenida Mendiño o pasado sábado. A auga que caía na canle do río a través dunha tubaxe presentaba un aspecto moi sospeitoso, de cor branco posiblemente por estar mesturada “con pintura ou cemento branco” malia que tamén podería ser outra substancia.
Todo fai sospeitar que a súa procedencia é a mesma que un vestido anterior detectado a principios de xaneiro.
Explica ao edil de Medio Ambiente, Alberto Álvarez, que ao producírense estes vertidos en xornadas chuviosas non puideron recoller ningunha mostra para confirmar a substancia que provoca esa cor branquecina “baixan canalizacións por ambas lados da Avenida Mendiño e nese punto engádeselle unha terceira canalización procedente da zona do pavillón e dos colexios, o que fai moi difícil determinar o seu punto de orixe”.
“Pintura, leite, cemento branco”, son algunhas das opcións que se barallan sobre cal é o produto que lle daba esa cor a auga.