Samertolomeu foi o gran dominador no Territorial Sur de bateis celebrado esta fin de semana en augas de Meira en Moaña, clasificatorio para o campionato galego que se disputará en augas de Rianxo na vindeira fin de semana. O club Moañés foi vencedor nas categorías masculinas absoluta, xuvenil e infantil e a maiores clasificou para o Campionato Galego outros dous barcos masculinos e tres femininos. A seguinte mellor participación compártena Chapela e Tirán con cinco barcos cada un. De feito Chapela quedou segunda tanto na clasificación absoluta masculina como na feminina.
Chapela impúxose en cadete masculino e alevín feminino ademais de clasificar outros tres barcos. Non o logrou en alevín e xuvenís masculino nin en infantil feminino nos que obtivo a quinta posición (clasificábanse para o Campionato de Galicia os catro primeiros de cada categoría).
Haberá representación tamén de Cesantes, quen logrou clasificar a un dos seus barcos, o que competía en xuvenil feminino e que quedou no segundo posto.