Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un empate e unha derrota obrigan ao Choco a gañar a última xornada para garantir a permanencia

choco

Intensa Semana Santa para o equipo de Redondela que lograba puntuar o mércores en Santa Mariña tras un empate ante o Rápido de Bouzas. Peor lle foron as cousas en Vilalba, onde os de Juan Amoedo caeron por 2-0 fronte a un Racing que superaba aos redondeláns na última media hora.

Choco 2-2 Rápido de Bouzas

Vilalbés 2-0 Choco

O Choco lograba salvar un punto ante o Bouzas no encontro disputado en Santa Mariña, un empate que significaba sumar cinco partidos puntuando. A racha acabouse este domingo no campo do Vilalbés, onde os locais lograron facerse co triunfo na última media hora do partido malia tratarse dun encontro moi igualado. De feito, na primeira metade os xogadores do Choco dispuxeron de varias ocasión pero sen resultados. No segundo tempo os cambios do técnico local foron claves e no minuto 63 o xogador do Racing, Daniel Pedrosa, lograba o primeiro tanto do partido. O último gol chegaría praticamente en tempo de desconto, no minuto 89. Cun gol a cargo de Angel Casanova que asinaría o definitivo 2-0.

Unha derrota que obriga ao Choco a gañar na última xornada para evitar sustos e lograr a permanencia na Terceira División e non estar pendente doutros condicionantes. Un partido que se disputará en Santa Mariña o vindeiro domingo ante o Noia, rival directo situado inmediatamente por baixo do Choco na clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará