Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O empate do Choco deixa ao equipo pendente de posibles arrastres

choco

O equipo de Juan Amoedo non foi quen esta fin de semana de lograr a vitoria en Santa mariña. Un partido co Noia ante 600 espectadores que non puideron celebrar a permanencia en terceira división, xa que o empate 1-1 deixa ao equipo pendente do que suceda noutras categorías que non se resolverán ata mediados de maio, cando se coñezan os equipos que descenden da categoría superior galega.

O Choco arrancou ben o encontro pero o porteiro visitante frustrou os intentos dos xogadores locais por adiantarse no marcador.  Sería aos cinco minutos do descanso canto Fran Monroy lograría subir o 1-0. A igualada chegaría no inicio da segunda volta cun tanto de Carlos, que subía o empate a un marcador que xa non se movería ata o remate.

Os redondeláns non puideron quedarse os tres puntos que lles permitirían respirar más aliviados. Un empate que os deixa con catro equipos por baixo pero que non supón a salvación, que deberá esperar a posibles arrastres. Unha carambola no caso de por exemplo caer o Arousa a Terceira que podería supoñer que os de Amoedo perdan a categoría. Haberá que esperar polo tanto a mediados do vindeiro mes para certificar que o Choco segue a ser un equipo de terceira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará