Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica a falta de control do Goberno local no marisqueo furtivo

furtivismo

A Agrupación sinalan que nos areais de Arealonga, Rande e Cesantes prodúcese este tipo de actividades e que, pese as repetidas denuncias do colectivo de mariscadoras, non conseguen que se persone ningún efectivo da Policía Local para realizar actuacións de control e vixilancia e, polo tanto, estes delitos están a quedar impunes.

Critican neste sentido a falta de actuación por parte da Concellería de Medio Mariño “Sorprende comprobar que a día de hoxe non hai ningún control sobre o furtivismo, en lugar de velar polos intereses do sector marisqueiro e atallar o prexuízo que esta actividade está a producir ao noso sistema produtivo, a Cnocellería dedícase a meter excavadoras nos arenais e acabar coa Rede Natura da Enseada de San Simón”afirman desde AER.

Asegura a agrupación que nos anos nos que eles xestionaban a Concellería de Medio Ambiente “fixéronse 37 actuacións de vixilancia, con efectivos da Policía Local persoándose na zona e foron identificadas 13 persoas como posibles furtivos”. Naquel momento, existía un compromiso tanto por parte do concelleiro Roberto Villar como pola concelleira de Interior nesas datas, Marta Alonso, que sempre estivo ao carón do sector apoiando con efectivos policiais”.

Ante esta situación, AER reclama unha postura firme por parte da alcaldesa e do concelleiro ao cargo fronte a esta actividade que está a perxudicar seriamente ás mariscadoras de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará