Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Susana Seivane pecha o mes do Orgullo en Soutomaior cun concerto no Multiúsos

diaorgullo soutomaior

A gaiteira galega tocará algúns dos seus éxitos en solitario para poñer fin a un evento que arrancará ás sete da tarde con María Faltri e o espectáculo Soñando inventei. Unhas actividades de balde para toda a familia que buscan reivindicar a Día LGTBIQ+ celebrado esta semana “na procura dun concello máis igualitario e que loita polo fin das discriminacións”.

O día do Orgullo vivirase dun xeito especial este venres en Soutomaior, nunha tarde que arrancará co espectáculo musical Soñando inventei a cargo de María Faltri quen, a través da escolla de cancións, traballa o tema da diversidade e a igualdade de xénero. As cancións que se interpretan forman parte do libro disco “Fantasía coas palabras” publicado pola editorial Galaxia.

A continuación será a quenda das poetas Lucía Aldao e María Lado coa súa proposta “Benquerer(se)” na que mesturan poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguen atopando na vida pública e privada. Cun afiado sentido do humor, falan do patriarcado, do feminismo, da discriminación de xénero, do concepto do amor romántico, do amor a unha mesma e de todos aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara o apoderamento.

Rematará a xornada cun concerto a cargo de Susana Seivane tamén no Multiúsos de Arcade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará