Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Chanfaina celebra a súa maioría de idade coa mellor carne do Suído

chanfaine

Fornelos de Montes recupera este domingo unha cita tradicional que, como tantas outras ,estivo ausente da programación festiva por mor da pandemia. Unha carpa acollerá aos comensais nunha xornada na que se repartirán centos de racións de carne do Suído e pratos de Chanfaina. Uns produtos elaborados de xeito artesanal con carne de animais criados en liberdade, produtos que se poderán degustar no lugar acompañados de patacas fritidas e pan a prezos populares ou levalos para casa “cociñados ou sen cociñar”.

Cayetano Tamañó, Festa da Chanfaina

Unha celebración gastronómica que confía en repetir cifras previas a pandemia e volver reunir a unhas 2000 persoas “veciños da zona e dos concellos limítrofes que se achegan a degustar uns pratos elaborados con produtos de calidade e que se ofrecen a prezos económicos que van dende os cinco euros do prato de chanfaina ata os sete euros que custa unha ración de carne de tenreira”.

Unha festa que continúa fiel as súas orixes, xa que naceu co obxectivo de dar a coñecer os produtos da zona e poñer tamén no mapa gastronómico a este concello do interior. Así nolo explica dende a organización Cayetano Tamaño

Durante todo o día haberá música coas charangas Radio Tropical e Santa Cecilia encargadas de amenizar a comida e a sobremesa. Xa pola tarde a partir das cinco haberá actuación do grupo de pandereteiras de Fornelos de Monte, o grupo de voces fornelenses e as seis un concerto a cargo da banda de gaitas do concello. A xonrada rematará co trío Arena.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará