Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela estrea tren turístico, outra forma de visitar o concello

tren turístico

O tren comezará a funcionar este venres e a saída será dende a rúa Xeneral Rubín cara a rúa Mendiño ata ao porto de Cesantes. Dende alí dirixirase á praia de Cesantes. O Tren Turístico estará funcionara mañá e tarde en horarios que estarán expostos no punto de saída.

O Concello de Redondela, coa finalidade de potenciar as actividades turísticas coas que conta, porá en marcha o vindeiro venres, o servizo de Tren Turístico, unha iniciativa que permite coñecer os puntos máis destacados de Redondela e que, segundo explican dende o Concello “está dirixida non só a persoas que peregrinan e visitantes, senón tamén a veciñanza que, dun xeito distinto ao habitual, poderán percorrer a súa vila e mirala dende unha perspectiva distinta”.

A alcaldesa Digna Rivas subliñou precisamente ese aspecto de que “veciñas e veciños descubran a súa vila ‘con outros ollos’ e dun xeito tranquilo e distinto, percorran o casco urbano e o porto e a praia de Cesantes”.

O Tren Turístico terá a súa saída dende a rúa Xeneral Rubín, un lugar de fácil ubicación tanto para as veciñas e veciños como para as persoas visitantes, para dende aí pasar pola rúa Mendiño ata ao porto de Cesantes para, deseguido e pola rúa Catapeixe, dirixirse á praia de Cesantes onde fará unha pequena parada para volver ao seu punto de destino e incluso as persoas usuarias poderán gozar das actividades do Kite Fest, todo un espectáculo deportivo. O Tren Turístico estará funcionara mañá e tarde en horarios que estarán expostos no punto de saída.

O punto de saída poderá ser cambiado cando a Policía Local o considere oportuno con motivo de eventos especiais como poden ser días de mercado, festas ou eventos que orixinen calquera tipo de incompatibilidade co punto habitual de parada.

Trátase, asegura a rexedora local “de contribuír á potenciación dos recursos turísticos do municipio e, ao mesmo tempo, ofrecer á veciñanza e visitantes, unha actividade que, noutros municipios que a realizan, amosouse como un elemento dinamizador da potencialidade turística”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará