Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta denega unha subvención para o saneamento en Cabeiro

saneamento

A Xunta de Galicia vén de comunicar ao Concello de Redondela a desestimación da subvención solicitada polo executivo local para a obra de saneamento nos camiños do Costal e da Coutada Vella na parroquia de Cabeiro.

Segundo o escrito remitido ao Concello redondelán a Xunta “acordou subvencionar as solicitudes que obtiveron unha puntuación igual ou superior a 35,74 puntos”. No seguinte paragrafo o escrito aclara que “ao non ter acadado tal puntuación, a súa solicitude […] enténdese desestimada”, rexeitamento que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, non dubidou en cualificar de “curiosa coincidencia” dado que dende a chegada do Goberno socialista ao Concello “ou nunca acadamos os puntos necesarios para as subvencións ou, se os acadamos, a solicitamos fora de prazo independentemente do tempo en que presentemos a solicitude”.

Doutra banda, a alcaldesa subliña o feito que, como xa é norma habitual nas comunicacións da Xunta co Concello redondelán “explican a puntuación a partir da que se outorgan as licencias pero en ningún caso dan a coñecer a puntuación obtida, motivo do rexeitamento, nin os criterios que se seguen para chegar a dita puntuación”.

É polo tanto unha “broma de mal gusto”, continúa Rivas, “que intentando aparentar equidade, comunican que, contra a resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes” algo que para a rexedora local redondelá “non ten sentido algún xa que dificilmente un concello pode recorrer unha resolución deste tipo cando descoñece os criterios que se seguiron e a puntuación acadada”.

Conclúe a alcaldesa afirmando que estes traballos de saneamento “vanse facer si ou si” solicitando fondos da Deputación ou financiando a obra con fondos propios. Lamentou ademais o que cualificou de “silencio cómplice do PP local”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará