Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día da patria con Susana Seivane e Xisco Feijoó

concertos 25

Os concertos de Susana Seivane o día 24 en Chapela e Xisco Feijoó o día 25 no Campo da Feira en Redondela son as actividades festivas co gallo da celebración do 25 de xullo. Un programa que inclúe tamén o tradicional acto institucional e a presentación dun traballo elaborado polos nenos e nenas do Campamento de Conciliación coa figura de Rosalía de Castro.

“Un programa que busca reafirmar o compromiso que este Goberno local ten coa nosa cultura e a nosa lingua, elementos básicos que marcan a nosa identidade”, afirma a alcaldesa Digna Rivas quen salienta que se apostou por “potenciar o Día de Galicia cunha programación de dous días para que, esta data sinalada, non quedara cinguida a un acto institucional o día 25, senón que fora, realmente, unha festa de todos os galegos e galegas”.

Así, o día 24 de xullo, o Paseo Marítimo de Chapela acollerá a partir das 22 horas o concerto que protagonizará Susana Seivane. A entrada será totalmente de balde e permitirá gozar da actuación dunha das gaiteiras máis carismáticas do panorama musical.

O día 25 de xullo, Día de Galicia, a Alameda Castelao acollerá, a partir das 12 horas o Acto Institucional no que, tras as palabras que pronunciará a alcaldesa Digna Rivas, a rapazada que participa nos Campamentos de Conciliación do Concello presentará un traballo realizado por eles mesmos que ten a figura de Rosalía de Castro como eixo central.

Digna Rivas salientou a importancia do traballo realizado polos rapaces e rapazas “que lles fai ser conscientes da nosa identidade como pobo” e destacou o “entusiasmo con que as nenas e nenos acolleron a idea de participar activamente neste acto”.

Xa pola noite, a partir das 22 horas, Xisco Feijóo ofrecerá un concerto, de balde, no Campo de Feira de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará