Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mozos e mozas unidos pola danza na Pista da Xunqueira

danza na rúa

Arrancou na mañá de hoxe a actividade “Danza na rúa” enmarcada nun programa de actividades “Redondela Xove” organizadas dende o concello e orientado á mocidade de entre 13 e 18 anos de idade. Unha proposta a cargo da escola Dansarey que permitirá aos asistentes achegarse a modalidades como  danzas urbanas, acrobáticas, preparación física, baile moderno ou baile latino.

Un xeito de saír da casa e de promover unha actividade que ten moitos beneficios sobre a saúde física e mental e que, neste caso, ao estar orientada á mocidade, serve tamén para sacar á rapazada da casa e que desconecten das pantallas e se relaciones con outros.

A actividade, completamente de balde, impartirase ata o vindeiro 4 de agosto, os luns, mércores e venres de 10 h a 12 h na pista da Xunqueira en Redondela. A partir do día 8 e ata o 12 de agosto desprazarase á Alameda Rosalía de Castro de Chapela cos mesmos días e horario. As persoas interesadas o único que teñen que facer é presentarse o día da actividade á hora do seu comezo.

Nestas clases, que correrán a cargo de mestres e mestras da escola de danza Dansarei de Redondela, as mozas e mozos poderán aprender baile moderno, danzas urbanas, baile latino e preparación física e acrobática.

Unha actividade, o baile, tradicionalmente vinculado sobre todo as mulleres, pero que segundo explica Lidia Iglesias, directora e profesora de Dansarey, cada vez atrae a máis rapaces que se apuntan á moda das danzas urbanas. Con todo, lamenta que aínda haxa pais que rexeiten que os seus fillos varóns se dediquen a esta disciplina.

«Redondela Xove» recolle tamén outras propostas ademais da danza como son as actividades náuticas que tamén arrancan hoxe na praia de Cesantes e que se prolongará ata o 19 de agosto.

Finalmente, dentro destas primeiras iniciativas, do 1 ao 5 de agosto terá lugar o Obradoiro de mural que se desenvolverá de 10 h a 12 horas no Centro Cultural A Miñoteira de Ventosela. A actividade é totalmente de balde e non necesita inscrición previa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará