Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Turismo nacional e peregrinos de Alemaña, Italia e Portugal inundan Redondela

peregrinos

A enorme afluencia de peregrinos que pasan polo noso Concello é evidente con tan só botar unha ollada ao constante paso de persoas que cruzan o municipio de camiño a Santiago. Unha evidencia que se constata con datos como os que manexan na oficina de turismo e que confirman que xa se recuperaron as cifras previas á pandemia. Entre os cambios máis salientable é que actualmente o número de mulleres que peregrinan superan aos homes (un 55% fronte a un 45%) e que hai máis peregrinos de procedencia nacional que internacional.

Nuria Otero, guía turística na oficina de Redondela explica que foi primeiro unha percepción que confirmaron logo con números: cada vez son máis as mulleres que se animan a facer o camiño, xa sexa acompañadas doutras mulleres ou en solitario. Un feito que supón un cambio no perfil tradicional. En cando aos motivos que levan a estas persoas a facer o camiño hai diferentes entre nacionalidades “os italianos fano maioritariamente por motivos relixiosos, mentres que os alemán fano como “unha experiencia cultural”.

O feito de que conflúan dous camiños no noso municipio, o portugués e o da Costa, tradúcese en qu o número de persoas que pasan por aquí sexa nun 80% peregrinos. Un perfil de visitantes que sobe ano tras ano e que xa se sitúa en cifras propia ao ano 2019, o último antes da pandemia.

Un peregrino que cambiou o seu perfil, sendo agora maioritariamente os que proceden de diferentes puntos do Estado. Entre os peregrinos estranxeiros o máis abundantes son os que proceden de Italia, Portugal e Alemania “perfecto para a desestacionalización do turismo”

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará