Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela participa con dous barcos no Campionato de España de Traiñeiras

ChapelaFeminino2

Redondela estará representada por dúas traiñeiras no campionato estatal que esta fin de semana se celebra en Castropol. En categoría masculina, xunto con Chapela,  están confirmadas outras cinco tripulacións: Castropol, Laredo e as galegas de Mecos, Samertolameu e Bueu. A eliminatoria será o sábado ás 17:00 horas, e as catro primeiras pasarán á final que se disputa o domingo ás 12:00. As traiñeiras máis fortes, as da liga ACT, non participarán xa que non teñen descanso.

Na categoría feminina son catro os barcos en competición cunha final directa na sesión do domingo. Xunto a Chapela estarán as galegas de Cabo da Cruz e A Cabana-Mugardos, ademais da anfitrioa Castropol. A proba promete un duelo interesante entre as redondelás e o barco de Boiro.

O campionato estatal preséntase este ano “descafeinado” pola carencia de premios en metálico, ademais de coincidir coa celebración das regatas da liga ACT. As traiñeiras galegas, ao ser Castropol un desprazamento “asumible” farán a viaxe para loitar polo título. Non é o caso de Tirán Pereira, que optou por renunciar tanto na categoría masculina como na feminina.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará