Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas apoiará as medidas legais que adopten as familias polos recortes no IES Mendiño

Concello de Redondela_IES Mendiño

A alcaldesa de Redondela convocou hoxe na Casa do Concello unha Xunta de Portavoces de carácter extraordinario coa intención tanto de informar aos grupos da oposición da situación actual do IES Mendiño como das medidas que o Goberno local tomará en defensa do ensino público. O Goberno local rexeita a diminución de profesorado no IES Mendiño anunciada pola Consellería, que supón recortar catro docentes. Unha pancarta despregada no balcón ca Casa do Concello define a postura do executivo de Rivas que non admite “ningunha medida que pase pola diminución de persoal docente”, afirma que reducir profesorado “é hipotecar o futuro dos nosos fillos e fillas condenándoos a recibir un ensino de menor calidade”. Sinalou tamén que desde o Goberno local apoiarán  “sen ningún tipo de reservas todas as medidas que, dentro da legalidade vixente, adopten as familias para impedir unha medida tan arbitraria como inxusta”.

Na xuntanza que se celebra hoxe a alcaldesa trasladará aos distintos grupos a petición da ANPA do IES Mendiño de que definan a súa postura fronte este conflito. Engade Digna Rivas que espera que o PP local “tome partido polos nosos mozos e mozas, polo seu futuro e polo seu dereito a un ensino público de calidade”.

A Casa do Concello exhibe unha pancarta na que se pode ler “Non ós recortes do ensino público IES Mendiño”. Rivas foi clara ao sinalar que a medida que se pretende aplicar neste centro “non é mais que o reflexo das políticas de sistemático desmantelamento do ensino público que leva a cabo do goberno do PP na Xunta de Galicia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará