Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As dúas caras do Entroido de Verán

entroidoFoto

A cita máis multitudinaria das festas de Redondela non defraudou. Logo de dous anos sen poder celebrarse pola pandemia, o Entroido de Verán congregou a milleiros de persoas (40.000 segundo os primeiros datos, mentres que a Policía Local fala de ata 80.000). As rúas e prazas da vila enchéronse de música, cor e diversión coa presenza de público familiar, pero sobre todo de lexións de mozos e adultos que se achegaron desde diferentes puntos da bisbarra para vivir a festa. A contrapartida desta gran aglomeración de público é os problemas que xera, especialmente incidentes como as pelexas nas que tivo que intervir a Policía Local e intoxicacións etílicas. Rexistráronse 49 incidencias desde a tarde do sábado ata a mañá do domingo. A concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, explica que no hospital de campaña atendeuse a 14 persoas por intoxicación alcohólica, sendo unha delas menor de idade. Dez persoas tiveron que ser trasladas a centros sanitarios. Para Vilaboa o balance é “moi positivo ” xa que se trata dunha celebración que congrega “milleiros de persoas”. Agradeceu o traballo de Policía Local, Nacional e Protección Civil “pola gran labor realizada”.

Iria Vilaboa, concelleira de Cultura

A Policía Local fala dunha tarde e noite “complicada” . Nas horas de máis conflito os axentes interviñeron en máis de 15 pelexas entre grupos de persoas. Detiveron a un varón por un presunto delito de lesións nunha das pelexas. Pese a fuxida dos agresores, axentes de paisano localizárono e foi detido coa axuda da Policía Nacional. Tamén se rexistrou un accidente de tráfico na Estrada de Pazos en Reboreda, onde un vehículo chocou contra varios vehículos. O condutor está acusado dun delito contra a seguridade viaria ao rexistrar unta taxa de alcohol de 1,24 mg/l.

Limpeza das rúas e prazas en 6 horas

Outro dos problemas que máis denuncia a veciñanza de Redondela é o lixo e sucidade que deixa o Entroido de Verán. O dispositivo especial de limpeza traballo a reo, comezou as labores ás 06.00 horas e ás 12.00 do domingo “rúas e prazas da vila xa lucían limpas”, sinala Iria Vilaboa.

Vilaboa salienta que rúas e prazas da vila estaban xa limpas no mediodía do domingo

Desde o goberno local amosan a súa “satisfacción” polo resultado desta 23ª edición do Entroido de Verán, ao desenvolverse “perfectamente” tanto os protocolos de seguridade como os de limpeza nunha festa “na que se bateron marcas de participación”.

Lectura moi positiva tamén a que fan da campaña “Por un Entroido libre de Violencia Machista”, xa que non se rexistrou ningunha denuncia nin incidente nos Puntos de Información Violeta instalados no recinto da festa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará