Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empeoran os coidados do SAF aos maiores e tamén as condicións das traballadoras

WhatsApp Image 2022-07-21 at 14.45.31

O pasado mes de xullo as traballadoras manifestáronse ás portas do Concello

O sindicato CUT denuncia que a  empresa Os Ventos Innovación en Servizos, adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar en Redondela, está a facer “unha nefasta xestión do servizo” o que está a poñer en risco os coidados dos beneficiarios “deixándoos sen servizo en repetidas ocasións”. O sindicato advirte que beneficiarios e familiares están a facer reclamacións no rexistro do Concello por non percibir a axuda no seu fogar,  porque cambian ás auxiliares ou por modificacións nos horarios “pero non reciben resposta nin aclaracións as súas queixas”.

Dende a Central Unitaria de Traballadoras denuncian que non só o coidado dos maiores empeora, senón que a situación laboral das empreagdas tamén, e poñen en dúbida que os tipos de contrato, as quendas e os días de descanso “sexan o permitido no convenio”.

A empresa fíxose cargo do servizo o pasado mes de maio, e as representantes das traballadoras afirman que a situación “non fixo máis que empeorar”. O pasado mes de xullo xa se concentraron ás portas do Concello para reclamar melloras no servizo que aínda non se produciron.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará