A Alameda de Talo Río en Arcade acolle este sábado días 3 ás 21.00 horas, un novo espectáculo de circo e ‘clown’, con entrada completamente de balde.
Le cirque é un espectáculo de maxia e circo para todos os públicos que chega a Arcade da man de Cayetano Lledó, como parte da programación de verán do concello de Soutomaior. Un espectáculo inspirado tanto nas liñas de teatro clásico como as correntes actuais, cun enfoque innovador e característico.
Un espectáculo de teatro de autor, no que espectador penetra no fabuloso mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia, Monsieur Lafayette. Unha invitación a mergullarse no misterio e na maxia, a entrar no mundo dun heroe da escena moderna, que rescatou o cabaret para facelo emerxer con máis forza que nunca.