Os feitos tiñan lugar na noite de onte, ao redor das 22:30 horas na parroquia de Santo Estevo de Negros. A rápida intervención dos servizos de emerxencia fixo posible que o lume fora sufocado inmediatamente. O lume afectou unha parcela duns 500 metros cadrados no camiño do Feixón.
Unha chamada ao 112 Galicia foi quen puxo en alerta aos servizos de emerxencia. Axentes da Policía Local e da Policía Nacional colaboraron na súa extinción xunto con dous axentes medioambientais, o grupo de emerxencias de Mos, a policía autonómica e brigadas forestais. A rápida intervención deste operativo facilitou a extinción do lume.
Dende a Administración alertan da necesidade de extremar as precaucións ante unha seca continuada que se prolonga dende hai semanas e que poñen en risco os nosos montes.