Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concelleiros e parlamentarios de PSOE, BNG e AER súmanse a pais e nais contra os recortes no ensino público

mani

Unha concentración celebrada ás 20:00 horas de hoxe ás portas do Concello de Redondela e na que non houbo representación do PP, grupo que decidiu non asistir a esta protesta na que se reclamou á Consellería de Ensino que rectifique e non recorte profesorado non IES Mendiño, centro que previsiblemente vai iniciar o curso con catro docentes menos respecto ao ano pasado.

A protesta, convocada polo Concello e secundada pola Federación de Anpas de Redondela, contou cunha nutrida representación política. Ademais dos concelleiros de PSOE, AER e BNG e a propia alcaldesa, encargados de ler o manifesto, estaban presentes os parlamentarios socialistas no Parlamento Galego, Gonzalo Caballero e Leticia Gallego, así como o nacionalista, Manu Lourenzo.

“Deberiamos estar reclamando máis profesorado e pola contra estamos pedido que non se recorte o número de docentes en centros que xa son deficitarios en profesorado”, así o explicaba na súa intervención o presidente da Anpa do IES Mendiño, Anxo Lusquiños, quen alertaba que a diminución no cadro de persoal deste centro, que pasará de 42 a 38, suporá “un maior ratio de alumnado por clase e menor atención a diversidade, en definitiva, unha diminución na calidade do ensino”.

Anxo Lusquiños, Anpa Mendiño

Dende a Federación de Anpas o seu presidente, Francisco Álvarez insistía en que “non imos tolerar que o futuro dos nosos fillos e fillas sexa hipotecado por unha decisión arbitraria da Consellería que deriva os cartos públicos a mans da educación concertada”.

Francisco Alvarez, Federación de Anpas

A declaración institucional, consensuada polos tres grupos que apoiaron a protesta, incidía nas negativas repercusións que este recorte vai ter na educación dos nenos e nenas de Redondela. Arrancaba a súa lectura o edil do BNG, Xoan Carlos González

Xoan Carlos González, BNG

Unha redución de docentes nun curso especialmente complicado, explicaba dende AER Daniel Boullosa porque, segundo informes do propio centro, “increméntase o número de alumnos con necesidades especiais”.

Daniel Boullosa, AER

Pechaba a lectura do texto a propia alcaldesa, Digna Rivas, solicitando á consellería que restitúa os catro docentes do Mendiño e que deteña o desmantelamento do ensino público.

Digna Rivas, PSOE
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará