Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Escola de música de Chapela incorpora o método combo no novo curso

escola chapela

O centro complementa as súas clases individuais con este método de práctica instrumental en grupo, no que diferentes instrumentos atópanse para coñecer e tocar estilos de música variados que posteriormente interpretarán en público. As persoas interesadas en aprender música poden poñerse en contacto coa escola no teléfono e wassap 986 452244.

Family Music a partir dos 0 anos, ludoteca musical, música en movemento, linguaxe musical e diferentes instrumentos como óboe, frauta, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, percusión, gaita, pandeireta, percusión tradicional, violoncello, contrabaixo, batería, piano, guitarra, acordeón e voz, son algunhas das ensinanzas ás que se pode acceder neste centro educativo que incorpora este curso o método combo.

Unha materia que entenden “é o complemento ideal ás clases individuais impartidas pola escola, onde poñer en práctica e facer funcionais os conceptos teóricos e técnicos aprendidos. Ademais é un espazo onde o alumno atoparase con compañeiros para gozar da música nun ambiente lúdico e relaxado.

O centro ten aberto o prazo de matrícula con un amplo espazo educativo das ensinanzas musicais a partir de 0 anos e sen límite de idade, impartidas por profesorado con titulación de grao profesional e superior, conta tamén con profesorado especializado, e un método propio de aprendizaxe de música para adultos

A práctica instrumental abrangue aprendizaxe afeccionadas, formación para futuros profesionais e conxunto.

As persoas interesadas poden ampliar a información na web do centro (www.culturaldechapela.org) ou poñéndose en contacto coa equipa directiva a través do mail: asociacion@culturaldechapela.org ou no teléfono 986452244 .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará