A muller, de 31 anos de idade e veciña da parroquia de Cesantes, pasará hoxe a disposición xudicial por un delito de roubo con intimidación e ameazas, tras subtraerlle as súas tías de 66 e 63 anos, tamén veciñas de Cesantes, os seus móbiles.
Os feitos tiveron lugar pasadas as sete da tarde de onte cando se recibiron chamadas alertando de que unha muller roubara as súas tías logo de as ameazar usando un arma de fogo. Unha vez no lugar, axentes da Policía Local e da Policía nacional atopáronse a muller escondida e pechada no interior do seu domicilio, polo que tamén se desprazou a zona unha unidade da UIP da Nacional. Cando se dispuñan a intervir a muller accedeu a entregarse voluntariamente. Intervíronselle dúas armas, unha de aire comprimido e outra de fogueo que foi a que empregou para ameazar aos seus familiares.
Detrás deste suceso atoparíase un problema cunha herdanza.
A muller foi detida e trasladada á comisaría e está previsto que hoxe pase a disposición xudicial.