Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior acolle esta fin de semana o festival “Xente miúda”

xente miuda

Unha cita orientada aos máis cativos na que haberá actividades como música, humor, teatro, baile e obradoiros. A cita desenvolverase nos xardíns do Multiúsos de Arcade, no caso de choiva as actividades desprazaranse ao interior deste edificio.

O festival é gratuíto e arrancará o sábado ás 12:00 horas con pasarrúas a cargo de A Xanela do Maxín e o seu espectáculo “A galiña dos ovos de ouro”. Xa pola tarde títeres Alakrán ofrecerá un “Pequeno Kabaret de tolos ás 17:30, un espectáculo de monicreques que resucitará a grandes estrelas do mundo da música e seguirase unha hora despois un obradoiro de Instrumentos musicais reciclados, unha maneira divertida de transformar os residuos en instrumentos musicais únicos. A xornada rematará coa música de «Pitusa Semifusa» de Olga Brañas e Iseo Agilda.

O domingo a programación arrancará ás doce do mediodía con música de Cé Orquestra Pantasma e xa pola tarde os cativos están convidados a un obradoiro de papaventos que comezará ás 17:30 horas.

«Monstros no Camiño» de Ghazafelhos ás 19:00 horas pechará o festival no exterior do Multiúsos de Arcade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará