Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O patrimonio baixo a ría protagonista dunha xornada de actividades no Multiúsos

proxecto arcos

O Multiúsos da Xunqueira acollerá este sábado unha conferencia, a proxección dun documental e unha exposición enmarcado no programa de presentación do Proxecto Argos, centrado na recuperación da memoria e do patrimonio existente baixo a ría. Unha actividade organizada polo concello e o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy que busca poñer o foco de atención sobre a necesidade de documentar e protexer o patrimonio subacuático para evitar o seu saqueo e desaparición.

Proxecto Argos será presentado o sábado 24 de setembro ás 19 horas no multiúsos da Xunqueira nun acto que contará cos relatorios “Proxecto Argos” a cargo de José María Sanjurjo Peña, presidente do Club de Actividades Subacuáticas Illa Pancha e “Arqueoloxía Subacuática entre Galicia e Asturias”, impartido por David Fernández Abella, investigador da Universidade de Santiago de Compostela e director do Proxecto Argos e asistiremos tamén a charla “Que historia nos conta a cerámica da ría?”, por Miguel Busto Zapico, investigador, Grupo PRINMA, Universidade de Granada quen falará sobre a historia que agocha a cerámica da ría.

Manuel Nieto, Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy

“A busca do tesouro de Rande. Breve historia das expedicións” será outra das charlas, neste caso a cargo de Yago Abilleira Crespo, investigador de historia naval en Pontevedra.

De seguido procederase á proxección do documental, dirixido por Manuel Vázquez González Memoria e patrimonio baixo a Ría e, finalmente, realizarase unha visita a exposición instalada na sala número 1 do Multiúsos da Xunqueira, mostra que poderán visitar todas as persoas interesadas ata o vindeiro 15 de outubro e na que se poderán ver diferentes obxectos recuperados do mar como ánforas, moedas, áncoras.

Unha actividade que segundo a alcaldesa Digna Rivas serve para poñer de relevo o patrimonio que existe na nosa ría “chama a atención sobre o concepto ‘patrimonio’ visto dende un xeito global xa que, adoitamos considerar patrimonio só o que está a vista cando, a nosa ría ao igual que a de Ribadeo, contén numerosas testemuñas da historia que é preciso catalogar, documentar e protexer”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará