Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sanidade sanciona a Pazos de Borbén por neglixencia no control sanitario da auga

????????????????????????????????????

O Servizo de Saúde Pública da Consellería de Sanidade impúxolle unha sanción de 1.200 € ao Concello de Pazos por incumprimentos da normativa sanitaria no servizo municipal de abastecemento de auga, entre os que se inclúen deficiencias no cloro no colexio público.

Despois de máis dun ano de espera dende que fixera a solicitude, Alternativa Veciñal por fin tivo acceso á documentación dun expediente sancionador aberto pola Consellería de Sanidade ao Concello de Pazos de Borbén, tras detectar diversos incumprimentos nos controis sanitarios no servizo de abastecemento de auga. O expediente resólvese cunha multa de 1.200€ ao dar por probado “que o Concello de Pazos de Borbén, incumpre a normativa pola que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano”, segundo consta literalmente no texto da resolución.

Na resolución faise mención a neglixencias que afectaron aos núcleos de Pazos, Mosteiro e Moscoso, e que poderían resumirse en que as analíticas da calidade da auga que debe realizar o Concello fixéronse mal, con menos frecuencia da debida e non se comunicaron os resultados ás autoridades sanitarias. Ademais, tamén se fai mención a un incumprimento do cloro que afectou ao “CEIP Curros Enríquez e Centro ASPAVI que non foron confirmados nin notificados á Xefatura Territorial”. A sanción prodúcese ao constatar Sanidade que estas neglixencias por parte do Concello provocaron unha “alteración ou risco sanitario”, o que constitúe unha infracción castigada pola Lei 8/2008 de Saúde de Galicia.

A situación tórnase inda máis grave ao comprobar que, lonxe de ser un problema puntual, estamos diante dunha actuación neglixente que ven de atrás e que non se corrixiu. Así, Sanidade recalca na súa resolución que se trata de “incumprimentos reiterados que xa foron obxecto de requirimento no ano 2016 así como obxecto dun expediente sancionador no ano 2018”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará