Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle o III Festival internacional de Big bands

ruud

A Concellaría de Cultura de Redondela e a Xingros Big Band en colaboración coa Orquestra de Saxos e o Conservatorio Profesional de Música “Victor Ureña” organizarán do 26 ao 28 de setembro o  3º Festival Internacional de Big Bands de Galicia.  Nesta ocasión , o festival contará coa presenza do trompetista, membro da recoñecida mundialmente WDR Big Band, Ruud Breuls.

Así, dende o luns 26 ao mércores 28 sucederanse as master class co mestre Ruud Breuls de trompeta e de improvisación no Conservatorio. Estas xornadas do Festival concluirán cun gran concerto  o día 28 de setembro , no Auditorio da Xunqueira ás 20:00 horas, onde poderemos gozar da música da man do gran Mestre Ruud Breuls como solista, acompañado pola innovadora Chouque Big Band , Orquestra de Saxos de Redondela e a Xingro´s Big Band.

O festival estará integrado no conxunto de actividades que desenvolve o Conservatorio Profesional de Música de Redondela como Escola Asociada á UNESCO desde 2018, sendo o único Conservatorio Profesional de Música  Municipal de Galicia pertencente á rede entre as máis de 10.000 e máis de 180 países de todo o mundo. Promovendo o entendemento internacional, a paz, o dialogo intercultural, o desenvolvemento sustentable e a educación de calidade. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará