A formación nacionalista presentou unha moción para esixirlle ao goberno municipal que cumpra os compromisos acadados hai un ano co BNG e que incluían a execución de obras de mellora no barrio de Aranza como que se fixera un correcto mantemento da estrada que une o barrio coa poboación veciña de A Ermida, a adecentamento das distintas zonas de baño, así como o roce e limpeza das cunetas e habilitación de aparcadoiros.
O portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, recalcou a importancia tamén de iniciar os estudos correspondentes para mellorar a accesibilidade a Aranza dos distintos servizos de emerxencia “algo que leva sendo unha demanda veciñal dende hai anos e sobre o que o alcalde preferiu facer oídos xordos”.
Por outra parte, o grupo municipal tamén acordara nesta iniciativa que se iniciaran canto antes as conversas correspondentes coa Comunidade de Montes de Silvoso e co Concello de Pontecaldelas para a recuperación e mantemento da antiga pasarela que daba acceso ao río, así como o mantemento das súas marxes. O BNG de Soutomaior lembrou que estas iniciativas foran consensuadas coa veciñanza de Aranza.