O BNG realiza unha campaña de recollida de sinaturas de SOS Sanidade Pública
O BNG de Soutomaior convoca unha manifestación para mostrar o descontento da veciñanza ante a situación sanitaria do concello. A manifestación comezará ás 20:30 horas deste venres día 30 de setembro na rúa Roxelio Landeiro, no cruce con Abanca, e rematará no centro de saúde de Arcade. Unha iniciativa que se suma a recollida de sinaturas que o Bloque está a realizan en apoio a Iniciativa Lexislativa Popular de SOS Sanidade Pública para esixir ao Parlamento “unha atención sanitaria digna”.
Dende hai meses os nacionalistas denuncian a insuficiencia de profesionais sanitarios e o peche de espazos como o consultorio de Romariz.
O BNG demanda un aumento no orzamento destinado á Atención Primaria até chegar á media estatal, dar estabilidade ao persoal do Sergas e incorporar categorías novas ao sistema sanitario público galego.
Un manifestación que chega logo da vivida o pasado xoves en Redondela n aquea veciñanza saíu a rúa de xeito masivo para reclamar unha sanidade pública e de calidade.