Os contedores de tapóns con forma de corazón que están ubicados en diferentes puntos do concello, tanto no centro da vila como en Chapela, recolleron no primeiro semestre do ano a mesma cantidade que en todo 2021. A xestión deste contedores corre a cargo das asociacións Lenda e Andaina. O Concello anuncia que tras o éxito da iniciativa instalaranse novos puntos de recollida.
A posta en marcha dos catro primeiros colectores de tapóns, dous instalados en Redondela e outros dous en Chapela, permiten que as asociacións de carácter social Lenda e Andaina “poidan obter uns ingresos adicionais e que as persoas da asociación desenvolvan unha actividade máis ao encargarse da xestión dos contedores e da recollida dos tapóns”, explica a alcaldesa Digna Rivas.
O concelleiro de medio Ambiente, Alberto Alvarez explica que a recollida foi apumentando paulatinamente ata chegar aos 4.162 kilos nos premeiro semestre deste ano, o que supón igualar o que se recollera en todo o 2021.
Unha actividades que supón tamén un aliciente para os usuarios das asociación beneficiarias que son os encargados de clasificar o plástico. De feito veñen de solicitar que se incremente o número de recipientes, petición que foi recollida pola Concellería de Medio Ambiente cuxo responsable comprometeuse a colocar alo menos dous colectores máis de cara a Nadal.
A alcaldesa Digna Rivas quixo trasladar ás dúas asociacións o agradecemento de toda a cidadanía de Redondela “polo seu traballo incansable e solidario a prol das persoas que máis o precisan, labor para a que sempre poderán contar coa colaboración deste Goberno”, concluíu