Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP esixe que se redacten unha novas bases para o Servizo de Axuda no Fogar

saf

O pleno debateu en setembro a situación do SAF

Os populares reclaman que, tanto si se rescinde o contrato coa actual concesionaria Os Ventos como se non, se elaboren unas novas bases que “corrixan as deficiencias detectadas nas bases actuais”.

Lembra o PP que no pleno municipal de inicios de setembro aprobáronse por maioría absoluta da Corporación a necesidade de adoptar diferentes medidas para acabar “co abandono que sofren as persoas usuarias do servizo así como as dificultades que os profesionais teñen para desenvolver o seu labor”.

Entre outras medidas aprobouse a apertura dun expediente administrativo previo á imposición das penalidades previstas no prego de condicións, incluíndo a posible resolución do contrato actual. En todo caso, lembran os populares que tanto no caso de que se rescinda o contrato como se non, este chega ao seu fin o 28 de xullo do vindeiro ano polo que entenden “necesario iniciar os traballos para redactar unhas  bases novas que corrixan as deficiencias evidentes detectadas no actual”, en palabras da concelleira Sandra bastos.

Por este motivo, presentarán unha moción no vindeiro pleno instando á alcaldía a que convoque aos representantes dos grupos con representación municipal para que “asesorados polos funcionarios do Departamento de Servizos Sociais, comezar a negociar, redactar e acordar un novo prego para regular o procedemento aberto para a adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar”.

Solicitan tamén que se articule o xeito de “facilitar o diálogo entre os grupos municipais e os representantes das traballadores e usuarios, para qué poidan presentar as propostas e ideas que, na súa opinión, axuden a mellorar este servizo e facelo efectivo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará