Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP advirte que o concello non poderá pagar as horas extras dos empregados municipais até 2023

iván pp

O colectivo que se verá afectado en maior medida é o dos axentes da Policía Local aos que se lles deben as horas extras realizadas de agosto, cantidade á que haberá que sumar as que se xeren nos meses de setembro, outubro e novembro. No mellor dos casos, os empregados municipais de Redondela terán que esperar até 2023 para cobrar os seus gratificaciones por horas extraordinarias porque “o goberno de Digna Rivas xa gastou moito máis do límite establecido pola lei para gratificacións por horas extras”.

O portavoz do PP, Iván Crespo recalca que o goberno do PSOE trouxo ao último Pleno do Concello a proposta de aprobación de gratificacións, correspondentes aos meses de xullo e agosto, para os departamentos de Policía Local , Iluminación Pública, Vías e Obras, Secretaría, Estatística, Carpintaría, Urbanismo, Medio Ambiente, Arquivo e Servizos Sociais, por un importe total de 45.817,32. Unha cantidade que ao sumarse a ás horas extras xa abonadas durante o ano, supera o máximo legal permitido.

Unha situación que afectará principalmente aos axentes da Policía Local aos que se lles deben 19.263 euros de horas extras, correspondentes ás horas realizadas no mes de agosto polos axentes da Policía Municipal, “cantidade á que hai que sumar a correspondente ás horas de setembro e as que poidan facer en outubro e novembro”, subliña o portavoz municipal popular.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará