Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela ofrece un servizo de coidado de menores en novembro e decembro

nenos

A Concellería de Igualdade impulsa un servizo de coidado de menores orientado a nenos e nenas de 3 a 16 anos co obxecto de favorecer a conciliación da vida familiar, laboral e persoal. A actividade “Quédome con Simona” desenvolverase no Multiúsos da Xunqueira do 2 de novembro ao 5 de xaneiro en horario de 16 a 20 horas, cun máximo de 15 rapaces ou rapazas por quenda.

Un dos obxectivos desta iniciativa é priorizar que as mulleres en situación de desemprego dispoñan de tempo para a realización de accións formativas, así como facilitar a vida ás familias monoparentais e as vítimas de violencia. Neste sentido, apuntou a alcaldesa Digna Rivas “somos conscientes da dificultade económica que afrontan moitas familias, por isto cremos necesario unha axuda directa que facilite o acceso a este servizo a aquelas persoas de Redondela que máis o precisen”.

A intención é favorecer a vida laboral, familiar e persoal, “sendo positivo tamén para o comercio local nas datas de Nadal facilitando os horarios de compra nos establecementos”, engade Rivas.

Un profesional especializado en ocio e tempo libre encargarase de atender as nenas e nenos, realizando xogos e actividades lúdicas e educativas.

O horario será de 16:00 a 20:00 horas, malia que se dará un marxe para que as persoas usuarias poidan ten unha relativa liberdade á hora de entrada e saída segundo as súas necesidades. Un servizo que se entenden como “axuda dinámica e puntal que pretende chegar á maior xente posible. Recalcaba a concelleira Iria Vilaboa que “non está pensado para o seu uso continuado”.

Unha actividade aberta a calquera persoa, con prioridade para as vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais , mulleres en situación de desemprego para a realización de acción formativas ou busca de emprego, mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares nas que existan cargas relacionadas co coidado.

A inscrición debe realizarse como mínimo Deben inscribirse ata 13 horas antes do uso do servizo a través do Centro de Información á Muller (986408043).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará