Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios instan á Consellería de Infraestruturas a mediar no conflito pola prohibición do paso de camións

tráfico pesado reondela

A Asociación de Empresarios de Redondela asegura non estar en contra da decisión do Concello de Redondela de prohibir o paso de camións en tránsito polo centro da vila. Con todo, entenden que a medida debería terse consensuado previamente cos sectores afectados e instan á Consellería a mediar no conflito que esta decisión ten provocado entre os concellos de Redondela, Pazos e os propios empresarios.

Enrique Lago, presidente Asociación de Empresarios

Dende que o pasado mes de agosto o concello de Redondela decidira restrinxir o paso de vehículos pesados en tránsito polo casco urbano, xurdiu a polémica promovida principalmente polo concello veciño de Pazos que entende que esta medida está a prexudicar aos empresarios do polígono de Amoedo. Por este motivo solicitaron o levantamento da prohibición. Con todo, dende a alcaldía redondelá insisten en que a competencia no tramo que vai dende a praza de Vilavella ata Reboreda están en mans do ente municipal e que non van dar marcha atrás na súa iniciativa “que favorece a veciños, viandantes e comercios”.

O presidente da Asociación de empresarios, Enrique Lago, comparte esta opinión “temos claro que eliminar o tráfico pesado beneficia a residentes e comerciantes do centro da vila, pero non se poden tomar estas medidas sen dar previamente unha solución a esas empresas que agora se ven sen un acceso axeitado aos seus negocios”.

Por este motivo, explica Lago, “os empresarios temos o corazón partido, porque non se están dando alternativas as empresas instaladas nos municipios próximos”.

Reclama á Consellería de infraestruturas da Xunta que interveña e medie entre os concellos de Redondela e Pazos e os propios empresarios para “buscar unha solución a curto prazo e tamén estudar posibilidades de futuro para crear novos viais que permitan un maior desenvolvemento do polígono industrial de Amoedo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará