Os nacionalistas organizan no Multiusos de Arcade hoxe mércores ás 20:30 horas o acto de homenaxe á militancia histórica da formación nacionalista. No acto intervirán María Xosé Castellano, unhas das militantes históricas de Soutomaior, e Manuel Anxo Fernández Baz, autor do libro sobre os 40 anos do BNG.
Fernández Baz falará dun libro no que recolle episodios desde o encarceramento en 1989 de Francisco Rodríguez (acusado da queima dunha bandeira española en 1984, feitos que nunca se puideron demostrar”), pasando pola “revolta” en Allariz protagonizada por Anxo Quintana, que foi alcalde e anos máis tarde alcanzou a vicepresidencia da Xunta, até a década de “reflexión” que se abriu tras a asemblea de Amio en 2012 e o novo teito electoral en escanos (19) das eleccións de 2020.