O Concello de Soutomaior celebra hoxe venres á a súa tradicional Gala do Deporte. Un evento no que se recoñecen os logros e méritos alcanzados polos clubs e deportistas locais durante a pasada tempada. A gala dará comezo ás 21:00 horas no edificio multiusos de Arcade e estará guiada polo xornalista deportivo da televisión de Galicia, Terio Carrera.
A Gala contará coa asistencia do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e de varias autoridades deportivas de federacións galegas con premiados. Entre os deportistas recoñecidos atópanse a Campioa de España de Whu-Shu en modalidade corda, Alexia Ortega e a campioa de España de piragüismo de modalidade Sprint, Daniela Álvarez.
Do mesmo xeito, entre os clubs premiados atópanse o club Tenis e Padel Soutomaior, recente campión da liga galega, e o club de tiro con arco, con varios campións galegos nas súas filas.